Saturday 18 de May de 2024

Unha unidade móbil para a Inspección Técnica de Vehículos agrícolas estará no mes de decembro en Pedroso e no Val


Unha unidade móbil para a Inspección Técnica de Vehículos agrícolas desprazarase no vindeiro mes á cidade, concretamente os días 12 e 13 de decembro. Na primeira das xornadas, o día 12, a unidade móbil estará ubicada no campo da festa de Pedroso en horario de mañá de 9.00 a 13.30 horas e de tarde de 15.15 a 18.00 horas. O venres 13 de decembro estará nas inmediacións da cooperativa do Val en horario de mañá de 9.30 a 13.30 horas.

As persoas interesadas en acudir poden pedir cita previa chamando ao número de teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.